Saída 06/12/2011

Quedamos as 11:00 da mañá para saír desde a Igrexa de Luou Pablo, Nanín, Ricardo e eu. Tamén se uniron ao grupo Fernando, Raúl e Salva.

A intención era de facer unha ruta non moi longa nin dura, algo suave para ir collendo ritmo. Así que empezamos a subir polo monte de Tresellas por xunto ao cemiterio abandonado de Luou.

Ao pouco xa nos atopamos cos primeiros todoterrenos dos cazadores que debían de estar de batida, aínda que nesta ocasión víronse bastantes menos que noutros días. Na primeira baixada, despois de Loureiro, incluso adiantamos ao todoterreno que non era capaz de seguirnos o ritmo. No cruce collemos camiño cara Lampai e subimos cara o campo de fútbol. O día estaba perfecto e permitíanos unha espléndida vista da ría de Arousa con discusións de si o que se vía era Sálvora, a Illa de Arousa, ou incluso Florida (EE.UU.)

Empezamos o descenso de regreso bordeando o pico de Beitureira de Lampai e foi nesta baixada onde Ricardo tivo a primeira caída. Quitando unha pequena rascadura preto do ollo non tivo maiores problemas, pero a bicicleta non saíu tan ben parada: o cambio dos piñóns torceuse un pouco o que lle dificultou o regreso.

Pouco a pouco chegamos a estrada de Luou-Lampai e xa no descenso Fernando, Salva e eu adiantámonos para coller velocidades de 60 Km/h. Ao chegar a Luou miramos cara atrás pero non vimos ao resto do grupo. Pensamos que igual seguiran recto no cruce de Regoufe, así que tiramos para a Igrexa. Foi aí cando chamamos a Raúl para ver onde andaban e xa nos comentou que Ricardo no descenso acabara de romper o cambio así que o estaba acompañando á casa.

Máis tarde, xa cando cada que se ía para a súa casa, chegou Pablo e foi cando que decatei que Ricardo non só acabara de romper o cambio senón que na baixada o cambio que xa viña torcido se lle meteu nos radios da roda traseira provocándolle unha nova caída en pleno descenso por asfalto. Buff!!! Hai días negros.

Finalmente só foron sustos e anéctodas para contar.

Imaxe: 
Ricardo tras a primeira caída
Novamente en marcha
AdxuntoTamaño
20111206_1100_ricardo-pablo-nanin-fernando-raul-salvador-xoseluis.gpx124.9 KB